Margarida Corral Sánchez
Técnica de Igualdade na CIG
16.30 – 17.30
MESA 3: NEGOCIACIÓN COLECTIVA COMO MECANISMO DE RUPTURA DA INFRARREPRESENTACIÓN FEMININA E A FENDA SALARIAL – MESA REDONDA CON AXENTES SOCIAIS
Relatora
Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña, traballa como técnica de Igualdade na Confederación Intersindical Galega (CIG) desde 2005, organización na que ocupou o cargo de secretaria confederal das Mulleres e secretaria confederal de Formación, ademais de apoderada xeral da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (FORGA) durante doce anos.
Tamén traballou como técnica de proxectos na Fundación Moncho Reboiras (Fundación para o estudo e a divulgación da cuestión social e sindical en Galicia), como socióloga no concello de Ferrol e anteriormente como técnica de emprego e preparadora laboral da Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento (Fademga).
inscríbete