Manuel Velázquez Fernández

Manuel Velázquez Fernández

Inspector de Traballo e Seguridade Social


10.15 – 11.30

MESA 1: A VIOLENCIA E O ACOSO NO MUNDO DO TRABALLO

Relator: A consideración da violencia como risco psicosocial

Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca, ampliou a súa traxectoria formativa cun máster en Dereitos Humanos, Democracia e Globalización pola Universitat Oberta de Catalunya.

Inspector de Traballo e Seguridade Social cunha ampla traxectoria, actualmente é coordinador da Unidade Especial de Loita contra o Fraude no Traballo Transnacional no Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Cómpre destacar a súa participación en diferentes grupos de traballo sobre riscos psicosociais do Comité Europeo de Inspectores de Traballo, a Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo, así como a Organización Internacional de Traballo, para a que realizou diferentes módulos de formación para persoal inspector de traballo.

Tamén é colaborador de numerosas obras colectivas e autor de diferentes artigos para revistas científicas e xurídicas, así como creador de varias monografías sobre riscos psicosociais entre os que podemos destacar Mobbing, violencia física e estrés en el trabajo. Aspectos Jurídicos de los Riesgos Psicosociales. Gestión 2000 (2004), Impacto laboral del estrés. Lettera Publicaciones (2005) ou Riesgos psicosociales en el ámbito laboral. Lettera Publicaciones (2011).

 

inscríbete