Mª Jesús Otero Aparicio
Xefa da Unidade Técnica de Psicosocioloxía do Instituto Nacional de Seguridad e Saúde no Traballo
12.30 – 14.30
MESA 2: IGUALDADE E DIVERSIDADE NO ÁMBITO LABORAL
Relatora: Presentación da NTP 1176 do INSST sobre idade e diversidade xeracional na xestión da seguridade e saúde: accións clave
Licenciada en Psicoloxía Social e do Traballo pola Universidade de Salamanca con formación de posgrao, Mª Jesús Otero Aparicio conta cun máster en Dirección de Empresas e Recursos Humanos pola Universidade Complutense de Madrid e outro en Seguridade e Saúde no Traballo pola Universidade Autónoma de Madrid.
Actualmente centra a súa actividade en áreas como a xestión de riscos psicosociais, a diversidade, a dixitalización, o teletraballo, a desconexión dixital e o acoso e a violencia no traballo.
Mª Jesús Otero Aparicio é especialista en xestión psicosocial e xestión da diversidade xeracional, asesora da Inspección de Traballo e Seguridade Social, vogal do Consello Español de Drogodependencias e Outras Adiccións (CEDOA) do Ministerio de Sanidade e membro de prevención de riscos laborais da Asociación Española para a Calidade (AEC).
Colaboradora docente de universidades como a Internacional Menéndez Pelayo, a de Cantabria, a Internacional de Andalucía, a de Jaén, a Politécnica de Leiría (Portugal) ou a Especializada das Américas (Panamá), é autora e coautora de publicacións e material divulgativo en diferentes ámbitos, como o da psicosocioloxía, o teletraballo, a desconexión dixital, a xestión da idade e a diversidade xeracional.
Recibiu o I Premio da Plataforma Española de Seguridade Industrial (PESI) “Muller e Innovación en Seguridad” (2022) na categoría institucional.
inscríbete