María Emilia Casas Baamonde
Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid e primeira muller presidenta do Tribunal Constitucional
9.45 – 10.15
CONFERENCIA DE APERTURA
Relatora
Catedrática coa especialización en Dereito do Traballo e Seguridade Social pola Universidade Complutense de Madrid, Mª Emilia Casas Baamonde foi a primeira muller presidenta do Tribunal Constitucional.
Experta en trasposición de directivas sociais da Unión Europea ao ordenamento xurídico español, tamén exerceu como directora académica do Instituto Europeo de Relacións Industriais da Universidade Carlos III de Madrid.
É autora de máis de trescentas publicacións sobre temas variados de diferentes disciplinas do seu ámbito, entre os que cabe citar o Manual de Dereito de Traballo¸ pero tamén cómpre destacar a súa faceta de investigadora, relatora e conferenciante.
Entre a longa lista de distincións podemos destacar o Premio Pelayo para Xuristas (2006) ou, dos máis recentes, o VI Premio Igualdade Alicia Salcedo do Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo (2023).
inscríbete