Lucía Rial Pampín
Responsable do Gabinete Técnico de Igualdade na CEG
16.30 – 17.30
MESA 3: NEGOCIACIÓN COLECTIVA COMO MECANISMO DE RUPTURA DA INFRARREPRESENTACIÓN FEMININA E A FENDA SALARIAL – MESA REDONDA CON AXENTES SOCIAIS
Relatora
Licenciada en Ciencias do Traballo, Lucía Rial Pampín conta cun máster en Dependencia e Xestión de Servizos Sociais, e dous posgraos pola Universidade da Coruña, un en Recursos Humanos e outro en Orientación Laboral.
Acumula máis de 20 anos de experiencia no ámbito dos recursos humanos en diferentes postos, entre eles xefa de persoal e Relacións Laborais na empresa de enxeñería Norcontrol-Unión Fenosa, xefa de Administración de Recursos Humanos na corporación La Voz de Galicia ou responsable de Recursos Humanos no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Desde hai 10 anos a súa actividade tamén se vincula ao ámbito da igualdade, onde exerce as funcións de coordinadora do equipo docente nos Obradoiros Duais de Emprego, a dirección de diferentes proxectos no ámbito público e privado ou o asesoramento, formación e apoio na elaboración de Plans de Igualdade.
Nos últimos tres anos exerceu como responsable do Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén na Confederación de Empresarios de Galicia. Nesta última entidade segue a impulsar a igualdade desde o ámbito laboral, apoiando e asesorando ao tecido empresarial na nosa Comunidade Autónoma.
inscríbete