Lidia González Martínez

Lidia González Martínez

Patroa de barco


18.30 – 19.30

MESA 4: NON HAI LÍMITES PARA AS MULLERES EN NINGÚN TRABALLO NIN EN NINGÚN SECTOR

Relatora

A súa traxectoria formativa comeza cun ciclo medio de Acuicultura, ao que suma un ciclo superior de Navegación, Pesca e Transporte marítimo en Vigo e, finalmente, un Grao en Transporte Naútico e Marítimo.

Tras finalizar os seus estudos estivo de alumna en distintos barcos como o Buque Salvamento Clara Campoamor da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), o Buque Hospital Juan de la Cosa, Remolcadores de porto e o Buque Sarmiento de Gamboa do CSIC, xa que precisaba un ano de embarques para poder ter mando nos barcos.

Únese a un proxecto de Fundamar para continuar embarcando como oficial unha embarcación de arrastre de 76 metros de eslora que faena en caladoiros do Atlántico Sur, principalmente en augas das Malvinas, durante dúas tempadas. Despois de obter o título de Capitana de Pesca e de traballar en barcos do día, enrólase no Buque Hospital Esperanza del Mar do ISMd durante tres tempadas.

Desde finais de 2022 ata a actualidade traballa na Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima de controladora de tráfico marítimo.

 

inscríbete