Karina Gibert Oliveiras

Karina Gibert Oliveras

Catedrática en Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos da Universidad Politécnica de Cataluña


16.00 – 16.30

INTELIXENCIA ARTIFICIAL E DEREITOS DAS MULLERES

Relatora

Licenciada e doutora en Informática especializada en estatística computacional e intelixencia artificial, Karina Gibert, que ten un posgrao en Maxisterio de Educación Superior, é profesora da Universidade Politécnica de Catalunya-BarcelonaTech (UPC). 

Decana do Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Cataluña desde maio de 2023, foi directora e cofundadora do Centro de Investigación en Ciencia Intelixente de Datos e Intelixencia Artificial. Experta da estratexia de Intelixencia Artificial Catalunya, é membro da comisión de ética de datos da Generalitat desde 2021, experta no Senado, asesora de SEDIA en ética e transformación dixital, e consultora da Organización Mundial da Saúde en caracterización de sistemas de saúde mental e da CE (Comisión Europea) en ética da intelixencia artificial. 

En materia de investigación o seu traballo destaca polo seu carácter multidisciplinar, a externalización, a internacionalización e a transferencia de tecnoloxía á sociedade. A súa contribución céntrase na extracción de coñecemento estratéxico a partir de datos e sistemas intelixentes desde unha perspectiva ética e explicable. Investigadora principal en diferentes proxectos, conta cunha ampla experiencia nos ámbitos da saúde e benestar, sistemas ambientais e sostibilidade, turismo, transformación dixital e uso social e ético da tecnoloxía.

Por toda a súa traxectoria foi merecedora, entre outros, do Premio Nacional de Enxeñaría Informática para a Difusión Dixital 2022, o Premio Ada Byron 2022 ou a Mención de Honra do premio Creu Casas 2021 e 2022, mulleres para cambiar o mundo.

 

inscríbete