Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais
12.30 – 14.00
MESA 2: IGUALDADE E DIVERSIDADE NO ÁMBITO LABORAL
Relatora: A sensibilización e a formación en igualdade e diversidade polas empresas: elementos comúns entre a igualdade de xénero e a seguridade e saúde no traballo
Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Elena Mancha Montero de Espinosa conta cun máster superior en Prevención de Riscos Laborais e é funcionaria de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social desde 1995.
Desde que obtivo a praza na Coruña en 1996, exerceu como xefa da Unidade de Seguridade e Saúde Laboral e xefa suplente da Inspección de Traballo da Coruña entre 2010 e 2016, tempo no que tamén foi titular do Equipo de Valoración de Incapacidades no Instituto Nacional de Seguridade Social.
A súa última responsabilidade antes de asumir a Dirección Xeral de Relacións Laborais foi a de mediadora no Consello Galego de Relacións Laborais e a de docente no máster de Xurisdición Social da Escola de Relacións Laborais da Coruña.
Colexiada de honra polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España, destaca a súa participación como docente tamén en diferentes cursos e a súa presenza como relatora en conferencias organizadas por axentes sociais, fundacións ou asociacións.