11.30
Mesa de debate: Unha nova oportunidade competitiva para as empresas galegas
Daniel Domínguez é o Director Global de Gobernanza e Reporting en Valora. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e cun Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible pola Universidade de Vigo, Daniel combinou a súa formación académica cunha sólida experiencia profesional no ámbito da sostibilidade e o bo goberno.
Con máis de oito anos de experiencia como consultor en sostibilidade, traballou en sectores diversos como banca, alimentación e bebidas, e construción. En Valora, lidera a implementación de estratexias de transparencia e bo goberno, optimizando o reporting financeiro e asegurando que as prácticas corporativas estean aliñadas cos principios ASG.
Inscríbete