11.30
MESA DE DEBATE: UNHA NOVA OPORTUNIDADE COMPETITIVA PARA AS EMPRESAS GALEGAS
Cristina Fernández-Armesto é socia de Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica líder en iogures ecolóxicos en Galicia. Neta dos fundadores, Cristina deixou a súa carreira nunha multinacional para revitalizar a granxa familiar fundada nos anos 60 en Mesía. Baixo o seu liderado, e xunto a un equipo de 45 persoas, Casa Grande de Xanceda non só se converteu nunha referencia do mercado español, senón que tamén mantivo un forte compromiso coa sostibilidade e e o desenvolvemento do rural galego.
Cristina implementou iniciativas como “Adóptame, iogures pola adopción” ou o primeiro paso de vaca da historia. En 2019, recibiu o premio «Empresaria Galicia» polo seu destacado labor e contribución ao emprendemento feminino no ámbito rural. Desde o seu posto, promove a produción ecolóxica e o respecto polo medio ambiente, mantendo unha forte integración de todo o proceso produtivo na propia granxa.