Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
18.30 – 19.30
MESA 4: NON HAI LÍMITES PARA AS MULLERES EN NINGÚN TRABALLO NIN EN NINGÚN SECTOR
Moderadora
Naceu en Santander en 1962. Obtivo o máster de Dirección de Recursos Humanos e o máster superior en Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Santiago de Compostela nas especialidades de seguridade, hixiene e ergonomía. Realizou tamén o curso Superior de Relacións Laborais do Consello Galego de Relacións Laborais e da Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente é a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, pero antes foi avogada, asesora xurídica da Confederación Empresarial de Ourense e tamén secretaria desta institución entre 1989 e 1994.
Ese mesmo ano ingresou como secretaria do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e en 2004 converteuse en secretaria xeral da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
Desde o ano 2009 desempeñou distintos cargos na Xunta de Galicia, entre eles xerente da Fundación Fomento para a Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, secretaria xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou secretaria xeral de Emprego.
inscríbete