Carmen Adela Sabio Sanz

Carmen Adela Sabio Sanz

Secretaria de Políticas Mulleres, Igualdade e LGTBI+ do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia


16.30 – 17.30

MESA 3: A NEGOCIACIÓN COLECTIVA COMO MECANISMO DE RUPTURA DA INFRARREPRESENTACIÓN FEMININA E A FENDA SALARIAL – MESA REDONDA CON AXENTES SOCIAIS

Relatora

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación na sección de Pedagoxía e con especialidade en Intervención Socioeducativa na Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Adela Sabio Sanz ten formación como axente de Igualdade e conta co primeiro curso de doutoramento en Teoría e Historia da Educación na mesma casa de estudos. 

Traballadora de servizos sociais no ámbito da educación e intervención con familias e mulleres, é responsable técnica da área de Igualdade do Concello de Vedra (A Coruña) desde o ano 2000.

En 2005 pasou a formar parte de Comisións Obreiras, sendo delegada do Concello de Vedra aínda a día de hoxe e desde o ano 2017 asumiu a responsabilidade da Secretaría de Políticas Mulleres, Igualdade e LGTBI+ do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

 

inscríbete